O PSOE e Podemos ábrense a dialogar con ERC, pero non confirman en que termos
Na súa primeira aparición pública desde a sinatura do acordo con Pedro Sánchez, o líder de Podemos dixo estar optimista sobre a formación de goberno. Iglesias non quixo avanzar nada das negociacións. Á pregunta de se aceptarán a mesa de negociación que esixe Esquerra Republicana responde así.
Pablo Iglesias, Unidas Podemos: "Creo que o diálogo é imprescindible e creo que imos ter un goberno que asuma o diálogo como eixe fundamental para afrontar o problema da plurinacionalidade en España e o problema de Cataluña".
Diálogo é a palabra que repiten tamén desde o PSOE, dsipostos din, a sumar a todas as forzas de esquerda.
Carmen Calvo, PSOE: "Estamos abertos a encontrar unha base sólida que nos permita ter un goberno que afronte os problemas".
Esquerra Republicana mantén silencio, coa vista posta na consulta do próximo luns á súa militancia. Junts per Cataluña e a CUP repróchanlles que non poñan máis esixencias que unha mesa de negociación.
Quim Torra, JxC: "Que garantías temos de que esa mesa pode avanzar?, existirá a figura do relator?".
Mireia Vehí, CUP: "Non faciliten unha investidura que non teña elementos de mínimos como a amnistía e a autodeterminación".
As negociacións lévanse coa máxima discreción. A voceira do Goberno asegura que o propio Sánchez está traballando nelas.