O PSOE e o PP buscan gañar votos no centro
Dous meses despois, reaparece Irene Montero para unha repetición electoral que pode ter como unha das poucas novidades a entrada en liza do partido de Íñigo Errejón.
Irene Montero, voceira de Unidas Podemos, di: "Paréceme perigoso e danme medo as cloacas do Estado, os intentos daqueles partidos tradicionais de tentar que a democracia non se abra paso. A min, que unha formación política se presente ás eleccións paréceme o máis natural en democracia".
Ciudadanos chama os españois a conxurarse contra os cálculos electorais, critica Rivera, de Pedro Sánchez. Albert Rivera, presidente de Ciudadanos, dille a Sánchez que "con España non se xoga, isto non é un xogo. Non se pode xogar España aos dados. Se alguén tiña algunha dúbida, creo que imos a esta campaña con todas as dúbidas resoltas: Sánchez é o problema".
Rivera quere un pacto postelectoral co PP. Pablo Casado insiste en unirse antes para evitar o que pasou en abril Pablo Casado, presidente do PP, lembra que "os partidos que diciamos que non queriamos que gobernase Pedro Sánchez teriamos maioría absoluta nas últimas eleccións. A fragmentación do voto no centro e na dereita é o maior salvavidas para Pedro Sánchez".
O Partido Socialista non teme que a xente quede na casa, pero insisten en que o principal responsable da repetición é Unidas Podemos.
José Luis Ábalos, secretario de Organización do PSOE, asegura que "non hai ningún medo á abstención. O que non é tan entendible é que Pablo Iglesias preferise, por cuarta vez en 4 anos, boicotear a investidura dun goberno socialista e darlle esa oportunidade, esa bóla extra, á dereita".
O PSOE aspira a unha maioría que disuada a oposición, di Ábalos, de novos intentos obstrucionistas.