O PSOE e Esquerra Republicana empezan a negociar a investidura de Pedro Sánchez
Adriana Lastra e Gabriel Rufián reuníronse en secreto ese xoves para iniciar a negociación, e designar os equipos que se van encargar dela. Tres membros de cada formación traballarán a partir da semana que vén para intentar consensuar unha mesa de diálogo que garanta o apoio de Esquerra á investidura de Sánchez. O Goberno en funcións adiantaba hai unhas horas cal é a oferta que agora mesmo está sobre a mesa.
Isabel Celaá, portavoz do Goberno en funcións, "diálogo dentro da Constitución, esa é a posición do Goberno de España que empezamos a traballar, que traballamos durante meses, e que é a que sigue sendo"
Esquerra mantén silencio, e di que empezará a poñer condicións unha vez que coñeza o resultado da consulta ás bases do próximo luns. Desde Unidas Podemos confían en que se vai lograr un acordo.
Yolanda Díaz, Unidas Podemos, "estamos negociando con tranquilidade, con silencio, e creo que a cousa vai ben, son optimista"
Con todo aínda aberto, os socialiistas apelan de novo á responsabilidade de todo o arco parlamentario, porque din que que non hai outra alternativa de Goberno que non sexa a do pacto entre o PSOE e Unidas Podemos. Ambas formacións sométeno a consulta esta fin de semana.