CRTVG

Buscar

ERC reúne a Executiva para ultimar o acordo co PSOE e non dará o si definitivo ata o ano novo

Publicado o 29/12/2019 20:33

• Esquerra reúne este luns a Executiva, pero descarta convocar o seu Consell Nacional antes do 1 de xaneiro para dar o seu si definitivo

• Os avogados do Estado rexeitan "calquera intento de inxerencia"

• Feijóo asegura preferir unhas terceiras eleccións a un pacto entre PSOE, UP e ERC

 

ERC reúne a Executiva para ultimar o acordo co PSOE e non dará o si definitivo ata o ano novo

Algúns medios apuntan que Esquerra está disposta a permitir a investidura de Sánchez tras coñecer a opinión da Avogacía do Esstado sobre Junqueras. Podería haber investidura nunha semana, o día cinco de xaneiro, pero haberá que agardar unhas horas para coñecer o calendario.

ERC descarta convocar o súa Consell Nacional antes de fin de ano, un paso "imprescindible" para pechar un acordo de gobernabilidade co PSOE, explicaron fontes republicanas. "ERC analizará internamente nos próximos días a proposta e o estado da negociación, pero descarta que se faga o Consell Nacional imprescindible para pechar un posible acordo antes de acabar o ano", explicaron as mesmas fontes.

Os republicanos están á espera de que se faga público o informe da Avogacía do Estado sobre a sentenza do Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE) a preto da inmunidade do presidente de ERC, Oriol Junqueras. Con todo, ERC xa adiantou de que o acordo está pendente das "últimas concrecións", nunha negociación que se intensificou nos últimos días.

O Goberno explicitou o venres que confiaba en que o informe aparecese o luns e, se este é favorable ás teses de ERC, podería haber un acordo que non podería pecharse definitivamente antes de fin de ano, xa que o Consell Nacional non se convocará antes do 1 de xaneiro.

 

Noticias web

29/12/2019