CRTVG

Buscar

O PSOE de Andalucía acepta listas lideradas por catro ministros, pero non cumpre todas as suxerencias de Ferraz

Publicado o 09/03/2019 20:31

O PSOE de Andalucía acepta listas lideradas por catro ministros, a falta dun acordo final con Ferraz...
A ministra de Facenda, María Jesús Montero, encabezará a candidatura socialista en Sevilla para o Congreso. Acompáñana, por esta orde, Antonio Pradas, Carmen Cuello e Gómez de Celis. Unha cota que para Ferraz é insuficiente. Tamén lidera o ministro de Agricultura, Pesca e Alimentación, Luis Planas, a lista por Córdoba, o de Cultura e Deporte, José Guirao, a lista por Almería e Grande-Marlaska, ministro do Interior, a lista de Cádiz, como quería tamén Ferraz, aínda que non se cumpriron todas as súas suxerencias. De todos os xeitos, a lista definitiva decidirase no Comité Federal os días 14 e 15 de marzo.
 

Noticias web

09/03/2019