CRTVG

Buscar

O PSOE chama a Rivera "a escoitar o seu partido" e absterse

Publicado o 24/06/2019 20:44

Coa investidura ás portas Pedro Sánchez move ficha e intenta conseguir unha abstención do PP e de Ciudadanos. O presidente en funcións convocou por separado a Pablo Casado e a Albert Rivera para pedírllelo. Sen éxito: Casado rexeitou a proposta e Rivera nin se presentou. Desde o PSOE pídenlle ao lider de Ciudadanos que escoite o seu partido e que rectifique.

José Luis Ábalos, secretario de Organización do PSOE: "Cantos Valls, Toni Roldán, Javier Nart, cantos desmentidos de Macron fan falta para que recapacite e rectifique?, cantos deputados teñen que dimitir para que Ciudadanos sexa o que se agadaba deles?".

O PSOE e Podemos manteñen bloqueado un futuro acordo de goberno. Iglesias esixe respecto polos seus votantes, e non concibe que Podemos quede fóra do Executivo. Os socialistas non se moven do goberno de cooperación. José Luis Ábalos, secretario de Organización do PSOE: "E agora tócalle a Podemos responder a esta fórmula".

Pablo Iglesias, secretario xeral de Podemos: "Queremos falar das garantías e dos equipos para implementar un programa de goberno de esquerdas, e iso hai que facelo en reunións. Creo que non é responsable facer unha partida de pimpón nos medios de comunicación cando do que se está falando é do Goberno dun país".

Sen apoios garantidos, o equipo de Sánchez non fixa data para a investidura, pero recoñecen que ten ser pronto.
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Noticias web

24/06/2019