CRTVG

Buscar

O PSOE celebra o 40 Congreso Federal exhibindo unidade arredor de Pedro Sánchez

Publicado o 15/10/2021 15:13

O Partido Socialista celebra dende hoxe en Valencia o seu 40 Congreso Federal. Co liderado incuestionado de Pedro Sánchez, este conclave nada ten que ver co de hai catro anos, cando o PSOE, daquela na oposición, se recuperaba da pugna entre Sánchez e Díaz.

Nesta ocasión, o secretario xeral vai estar arroupado polos expresidentes Felipe González e José Luis Rodríguez Zapatero, amais dos baróns e os exministros Ábalos e Calvo. Co lema "España avanza", o PSOE quere prepararse para afrontar as vindeiras eleccións xerais.

Noticias web

15/10/2021