CRTVG

Buscar

O PSOE apoia a proposta de ERC para reiniciar canto antes a mesa de diálogo sobre Cataluña

Publicado o 02/02/2021 17:35

O Congreso vai debater esta tarde unha moción de Esquerra Republicana  para retomar a mesa de diálogo de Cataluña co Goberno español. Os nacionalistas cataláns queren falar con urxencia da amnistía e de autodeterminación. E o PSOE avanza que o ven con bos ollos.

"Vostedes saben que xa se celebrou unha xuntanza daquela mesa entre gobernos. Logo chegou a pandemia, e iso imposibilitou que se realizasen máis. Está no ánimo do Goberno e deste partido cumprir cos compromisos acordados. Polo tanto apoiaremos a moción de Esquerra Republicana", asegurou Adriana Lastra. 

Noticias web

02/02/2021