CRTVG

Buscar

O PSOE alerta o grupo socialista polo axustado da votación da investidura

Publicado o 06/01/2020 11:12

Horas de impasse antes de que, previsiblemente, Sánchez saia investido mañá como presidente do goberno. A maioría prevese tan axustada, tan só dous votos de diferenza, que o PSOE instou a todos os seus deputados a durmir esta noite en Madrid para evitar imprevistos. Criticas moi duras a Inés Arrimadas, a quen diversas forzas acusan de alentar o transfuguismo.

Amósase confiado o presidente do goberno en funcións en sair investido mañá martes con máis sis que nons. Convocado a durmir xa esta noite en Madrid todo o grupo socialista, prevese que ninguén use o voto telemático. Errejón, que onte alegou infección de garganta, anunciou esta vez que asistirá ao pleno, e o mesmo a deputado de En Comú, Aina Vidal. Serán así 167 sis fronte a 165 nons. Unha vitoria pola mínima, "se non hai ningún Tamayazo, que esperemos que non", advertía Gabriel Rufián.

As críticas dirixíanse a Inés Arrimadas, que desde a tribuna, o escano, e tamén desde os corredores, apelaba a que algún deputado do PSOE rompa a disciplina de voto, algo que lamentou a Ministra de Defensa en funcións, Margarita Robles. 

Non contempla tampouco cambios o deputado do BNG. Néstor Rego explicaba que "todo o mundo sabe que o BNG somos unha forza sería". 

De momento, impasse neste día de Reis para volver ao Congreso a participar maña na votación definitiva, convocada para as 12.45 do mediodía.

Noticias web

06/01/2020