CRTVG

Buscar

O psicólogo do Celta, Joaquín Dosil, entende a marcha de Pione Sisto e de Smolov

Publicado o 12/05/2020 16:15

• Cre que é normal ese comportamento: "Cando un ten medo, busca protección na súa familia e na súa contorna"

O psicólogo do Celta, Joaquín Dosil, entende a marcha de Pione Sisto e de Smolov. Cre que é normal ese comportamento. Cando un ten medo busca protección na súa familia e na súa contorna.

O medo insuperable como argumento de xustificación da conduta dalgúns xogadores, e o medo en xeral como obxecto de traballo para a psicoloxía deportiva no fútbol pospandemia. A que temen os futbolistas? 

"O xogador teme pola saúde e polo estado de forma", di Joaquín Dosil, psicólogo do Celta.

Para o psicólogo do Real Club Celta, a capacidade de adaptación do futbolista vai ser decisiva para poñer os equipos en situación óptima de competir. O gran reto é traballar esa capacidade para afrontar circunstancias tan especiais como os partidos sen público ou a incerteza de si volve ou non a competición.

En plena pandemia, e cunha alerta sanitaria ao lombo, a ninguén pode estrañar que o medo a contaxiarse tamén faga máis difícil a volta ao fútbol dos propios futbolistas.  

 

Noticias web

12/05/2020