CRTVG

Buscar

O PSG de Mbappé asalta o Camp Nou (1-4)

Publicado o 16/02/2021 22:57
O PSG de Mbappé asalta o Camp Nou (1-4)

Tres goles de Kylian Mbappé e un de Moise Kean asinaron o triunfo do PSG, por 1-4, ante o Barcelona no Camp Nou, na ida dos oitavos de final da liga de Campións.

O Barcelona adiantouse no primeiro tempo cun gol de penalti de Leo Messi, pero Mbappé empatou antes do descanso e na segunda parte o PSG practicamente sentenciou a eliminatoria.