CRTVG

Buscar

O PSdeG toma posición na crise aberta do concello da Coruña e reclama a Inés Rey a actualización das cotas do partido

Publicado o 12/11/2020 07:38

A dirección do PSdG toma posición na crise do goberno da Coruña. Pablo Arangüena acusa a rexedora e os demais concelleiros de María Pita de non teren ao día as cotas regulamentarias ao partido.

Nunha misiva dirixida aos militantes coruñeses, o vicesecretario xeral do partido vincula esta situacíón coa destitución fulminante da concelleira de traballo Eva Martínez. Do mesmo modo, tampouco rexeita os argumentos de Inés Rey para xustificar esta decisión. Arangüena, man dereita de Gonzalo Caballero, remata invitando a edil e o resto de concellerios a poñeren ao día as súas achegas ao partido.

Máis alá desta polémica polas cotas, a alcaldesa Inés Rey manifestou que a súa decisión é inamovible.

 

Noticias web

12/11/2020