CRTVG

Buscar

O PSdeG, último partido en suspender a precampaña

Publicado o 13/03/2020 16:55

• O País Vasco tamén estuda o ordenamento xurídico para un posible adiamento electoral

Todas as formacións políticas suspenderon os actos de precampaña. O último en facelo foi o socialista Gonzalo Caballero.

Os líderes das formacións polícitas están convocados o luns a unha reunión co presidente da Xunta para estudar a posibilidade de pedir a suspensión da cita do 5 de abril. A Xunta Electoral xa dixo que o consenso político é o primeiro paso para buscar despois un camiño legal que permita ese aprazamento.

O presidente da Xunta xa dixo que as eleccións autonómicas son secundarias ante o coidado da saúde dos galegos. Esta mañá, o BNG apuntou na mesma dirección. Xa aposta claramente por aprazar as eleccións porque non se dan as garantías necesarias, nin sanitarias nin de participación democrática.

Os socialistas foron os últimos en suspender os actos de precampaña. Gonzalo Caballero, que hai dous días insistía en seguir adiante coas eleccións, suspendeu tamén a precampaña. Esta mañá desconvocou a comparecencia prevista ante os medios de comunicación.

No País Vasco están na mesma situación que en Galicia con eleccións o 5 de abril. O lehendakari tamén convocou os partidos o luns. Din que están analizando o ordenamento xurídico e pide unidade.

Noticias web

13/03/2020