CRTVG

Buscar

O PSdeG reclama máis recursos para a loita contra a violencia machista

Publicado o 24/11/2020 15:33

O PSdeG reclama máis recursos económicos para loitar contra a violencia de xénero e máis protección para as mulleres do rural e as maiores de 65 anos.

Estas foron algunhas das propostas que trasladaron durante a presentación da campaña para conmemorar o Día Internacional da Eliminación da Violencia contra a Muller, que se celebra mañá.

Os socialistas galegos piden tamén un plan contra a violencia de xénero baseado na prevención e a creación dunha rede galega de centros de atención á muller.

Noticias web

24/11/2020