O PSdeG pide ao Goberno e á Xunta "manter toda a presión" para lograr un acordo que manteña o emprego en Alcoa
Publicado o 18/02/2021 18:24
Sobre outra empresa que atravesa dificultades, a factoría de Alcoa da Mariña lucense, falou hoxe o líder dos socialistas galegos, de visita en Burela. Gonzalo Caballero di que está en contacto permanente co executivo central para saber da marcha da solución industrial para esta planta.
"Non nos vale ningún acordo que non sexa o mantemento do emprego. Poñemos en valor o que se está traballando con rigor, que se está avanzando, pero seguiremos con todos os mecanismos de presión ata ver algo definitivo."