CRTVG

Buscar

O PSdeG ourensán asina ante notario a moción a Jácome

Publicado o 05/11/2020 15:47

En Ourense, os nove concelleiros socialistas acaban de asinar, ante notario, a moción de censura para desbancar da alcaldía a Gonzalo Pérez Jácome. Un xesto de presión aos demais partidos, para animalos a que se sumen.

Na práctica, queda niso, nun xesto, porque a vía non é a regulamentaria. A moción hai que presentala no rexistro do concello. Precisarían que estivera asinada polo menos por catorce concelleiros. Precisan o apoio do PP.

Pola súa banda, din os populares que non asinarán o que cualifican como un cheque en branco. Consideran que Villarino, o líder municipal socialista, non está xa acreditado para seguir coas negociacións e piden outro interlocutor.

Insisten nun goberno de coalición, admiten un alcalde socialista que non sexa Villarino, pero contando cos populares nese grupo de goberno.

Noticias web

05/11/2020