O PSdeG insta a Xunta a homologar o Camiño dos Faros
Publicado o 03/06/2021 15:25
O PSdeG pídelle á Xunta que homologue o Camiño dos Faros. Nunha visita a Vimianzo, Gonzalo Caballero dixo que esta ruta costeira de sendeirismo pode ser unha referencia turística de calidade que xere riqueza na Costa da Morte.
Gonzalo Caballero, secretario Xeral do PSdeG: "O Camiño dos Faros é unha posibilidade para atraer turismo, dar desenvolvemento e poñer en valor a Costa da Morte".