O PSdeG inaugura o seu laboratorio de ideas con vistas ás eleccións autonómicas de 2020
O PSdeG inaugurou este sábado en Compostela o seu laboratorio de ideas, que vai marcar o seu proxecto para Galicia, coa vista posta nas eleccións autonómicas de 2020... No acto de inauguración participaron entre outros os ex-presidentes González Laxe e Pérez Touriño, ademais do secretario xeral, Gonzalo Caballero e a presidenta de Adif, Isabel Pardo de Vera. Nese proxecto din pretender "integrar a sociedade civil para marcar políticas públicas e sociais innovadoras. "IdeaGaliciaLab, que así se chama, xorde, din, para debater e reflexionar sobre cal é a mellor aposta para a nosa comunidade".
O PSdeG encara os retos na construcion dun proxecto que responda, din, "a unha Galicia emprendedora, innovadora e progresista" con vistas ás eleccións autonómicas de 2020... E fano a través dun laboratorio de ideas que comezaba esta mañá, no que interviñeron, entre outros, os ex-presidentes Laxe e Touriño.
E nese proxecto afirman pretender "integrar a sociedade civil para marcar políticas públicas e sociais innovadoras."
"A Galicia que nos deixa Feijóo é unha Galicia máis miúda e máis minguante. Ante iso necesitamos unha grande alianza de país para dotar a Galicia dunha nova orientación estratéxica, de facelo cunha Xunta emprendedora, innovadora e progresista", dixo Gonzalo Caballero, secretario xeral do PSdeG.
Entre os principais retos que marcan os socialistas galegos está o de afrontar o "derrubamento demográfico", a transición ecolóxica, principalmente na descarbonización do sector industrial, a dixitalización para unha Galicia "máis eficiente e compentente", din, e o vertebramento territorial, que "fomente as cidades e impulse o medio rural".