CRTVG

Buscar

O PSdeG denuncia a privatización e a falta de control nos centros de maiores

Publicado o 14/05/2021 16:50

O PSdeG criticou este venres a política de residencias dos gobernos populares na Xunta de Galicia. Segundo os seus voceiros Pablo Arangüena e Mariña Ortega, o seu "selo identitario" son a privatización e a falta de controis. Neste sentido, denunciaron que "é imposible" facelo porque na comunidade só hai sete inspectores nos centros de maiores.

Nunha conferencia de prensa ofrecida en Santiago de Compostela, tamén censuraron que o grupo maioritario do PPdeG impedira, na sesión plenaria desta semana, a tramitación dunha moción rexistrada polos socialistas na que demandaba unha investigación exhaustiva do ocorrido nos centros residenciais durante os meses máis crus da pandemia de covid-19.

Noticias web

14/05/2021