O PSdeG chama a mobilizarse nas vindeiras eleccións ante a ameaza das dereitas
Publicado o 02/05/2019 15:12

Os socialistas galegos aseguran que agora van centrar os seus esforzos nas próximas citas electorais para frear, din, a ultradereita. Tras facer esta foto de familia cos membros do partido que obtiveron escano no Congreso e no Senado nas últimas eleccións, o secretario xeral do PSdeG retou o presidente da Xunta a que se negue a calquera acordo con Vox en Galicia.