O PSdeG asegura unha oposición comprometida cos dereitos sociais
Publicado o 30/07/2020 17:24
Pouco máis dunha semana antes de que se constitúa o Parlamento de Galicia, hoxe achegáronse ata o Pazo do Hórreo os deputados socialistas que conseguiron escano nas pasadas eleccións autonómicas.
En realidade non foron todos. Dos 14 faltaron os 3 de Ourense. Había unha sospeita de contaxio por coronavirus no seu círculo e decidiron non viaxar por precaución. Por sorte, xa sabemos que o resultado da proba que lle fixeron foi negativo.
Gonzalo Caballero será o líder da terceira forza do Parlamento. Asegura unha oposición responsable e centrada nos dereitos sociais.