CRTVG

Buscar

O PSdeG aproba unha declaración en apoio de Rodríguez Villarino: "Non queremos que o PP asuma actitudes antidemocráticas"

Publicado o 30/04/2021 21:49

Fracasa un novo intento de moción de censura en Ourense para desaloxar a Jácome da alcaldía. Tras a renuncia de Rodríguez Villarino a ser candidato, os populares exixiron a súa dimisión para sentar a negociar. Déronlles de prazo aos socialistas ata hoxe para aceptar a súa proposta. O PSdeG rexéitaa. Reuniu esta tarde a súa Comisión Executiva en Ourense para apoiar o voceiro socialista. Cualifica os populares de antidemocráticos e pídelles que rectifiquen. A cidade de Ourense leva xa máis de medio ano gobernada por tan só 3 edís dos 27 que compoñen a coorporación.