CRTVG

Buscar

O próximo cumio sobre cambio climático celebrarase entre os días 2 e 13 de decembro en Madrid

Publicado o 02/11/2019 12:18
O próximo cumio sobre cambio climático celebrarase entre os días 2 e 13 de decembro en Madrid

Así o anunciou a Secretaría da ONU sobre o Cambio Climático. Desprazouse desde Chile polos disturbios contra as medidas tomadas polo Goberno daquel país.

O Ministerio español de Transición Ecolóxica está traballando xa cos organizadores chilenos para preparar o encontro. Por certo que nas últimas horas, a activista sueca Greta Thunberg pediu axuda a través das súas redes sociais para poder cruzar o Atlántico e acudir ao cumio.

Thunberg rexeita o avión como medio de transporte polas emisións de CO2 que este supón. O goberno español xa lle constestou que estaría encantado de poder axudala. 

Noticias web

02/11/2019