CRTVG

Buscar

O proxecto de Presupostos Xerais chega este mércores ao Congreso

Publicado o 11/10/2021 15:22

Tras os primeiros contactos, o Goberno porase agora a negociar os detalles dos Presupostos cos partidos que apoiaron a investidura, "especialmente PNV e ERC, que son interlocutores prioritarios", aseguraba esta mañá María Jesús Montero, ministra de Facenda

Vascos e cataláns xa puxeron sobre a mesa as súas condicións, e coinciden nalgunhas: ambos piden a transferencia do Ingreso Mínimo Vital e melloras ferroviarias. O PNV esixe avances nas obras do AVE en Euskadi e Esquerra completar o traspaso do servizo de proximidades. Non llo van poñer fácil ao executivo central, advirten. "Agora mesmo, votaríamos non aos PXE", dixo ante a prensa a voceira de ERC, Marta Vilalta.

Dende Podemos son optimistas, cren que o pacto en vivenda e a suba do imposto de sociedades xa garante o apoio destes partidos, e engaden outro "incentivo", a da derrogación da reforma laboral, "que agardemos sexa unha realidade antes de fin de ano", apuntou o voceiro de Podemos Pablo Fernández.
 

Noticias web

11/10/2021