CRTVG

Buscar

O proxecto Coñéceme instrúe os adolescentes na conservación e toma de fármacos

Publicado o 26/05/2021 16:57

É posible que estes días aconsellados por un fillo adolescente, algunha familia de Betanzos sacase do baño ou da cociña a caixa de primeiros auxilios.

Sería o resultado directo das charlas que deron farmacéuticas voluntarias ao alumnado de bacharelato e de 4º da ESO do instituto As Mariñas. Eles xa aprenderon que eses son os peores sitios para almacenar os medicamentos, que estarán moito mellor nun armario pechado.

Malia que aos 16 anos os adolescentes obteñen a maioría sanitaria, son poucos os saben tomar de xeito idóneo un medicamento, así que, o primeiro que lles ensinan é interpretar un prospecto.

Hai que saber que consumir ou administrarlles mal a outros un fármaco pode afectar negativamente ao paciente.

Porque só o uso correcto dun remedio pode garantir os bos resultados dun tratamento.

 

Noticias web

26/05/2021