CRTVG

Buscar

O proxecto Argos 2 revela os segredos das profundidades da ría de Ribadeo

Publicado o 13/04/2021 21:43

En Ribadeo xa está en marcha o proxecto Argos 2. Profesionais do mergullo rastrexan a ría nunha zona en que apareceron novos restos arqueolóxicos. Entre os últimos achados hai dende material cerámico ata un posible canón de ferro e mesmo unha embarcación de madeira que podería ter entre 100 e 200 anos.

Os fondos mariños da ría de Ribadeo agochan innumerables tesouros. Moitos deles son descubertos polos mergulladores da zona e agora está en marcha o proxecto Argos 2, que ten como obxectivo divulgar a riqueza do que non podemos ver.

Baixo a auga capturan fermosas imaxes coma nas que se aprecian algúns dos seus últimos achados. Pero en ocasións, cando se somerxen, atopan os restos arqueolóxicos movidos ou mesmo agrupados, polo que reclaman protección para esta zona.

Co seu traballo queren poñer o que só está ao alcance duns poucos en coñecemento de todos.

Noticias web

13/04/2021