O propietario de Casa Macán medita pechar a fábrica definitivamente

O propietario de Casa Macán, Eladio Rigueira, confesou que, nestes momentos, está a barallar seriamente a posibilidade de pechar a súa empresa de produtos lácteos de forma definitiva, despois de que as autoridades sanitarias decretaran a suspensión cautelar das súas actividades por "incumprimentos graves" no proceso de fabricación.
Recoñeceu que, dada a situación actual, se atopa "con poucas ganas" ou "practicamente con ningunha" de reiniciar a actividade da súa fábrica de Taboada.
"Déronnos ata no carné de identidade. É unha vergoña", dixo o empresario a Efe. "Non sei o que faremos. Sinceramente, non o sei. A xente está de vacacións na súa casa. Non sei se imos volver a empezar ou non".
Asegura que viviu nas últimas semanas "foi terrible" e que agora mesmo está "moi canso" e non ten xa "ganas" de levantar outra vez o negocio. Por iso, recoñece abertamente que o peche definitivo da fábrica "é unha posibilidade".
"Agora mesmo non sei o que imos facer, nin unha cousa nin outra", dixo. Ao seu xuízo, o que sucedeu foi "acoso e derruba", ata conseguir "tombar alguén que se consideraba moi valente e que se meteu con quen non debía".