O Prometheus Leader abandona este xoves Vigo
Publicado o 13/05/2021 11:40

E mentres, os tres tripulantes contaxiados coa variante india do virus que permanecían a bordo do buque Prometheus Leader, fondeado no porto de Vigo, tiveron que ingresar tamén no hospital. O barco foi desinfectado nas últimas horas. Tras dar por rematada a súa corentena e producirse o relevo da súa tripulación, abandona a cidade este xoves.