CRTVG

Buscar

O programa Parlamento Xove presenta o debate onde gañan todos

Publicado o 15/05/2021 15:56

A favor, en contra. Doce equipos distribuídos nas categorías de ensino secundario, bacharelato e universidade teñen que defender e contraargumentar sobre a limitación legal do uso das pantallas entre os máis novos. Niso consiste a liga de debates Parlamento Xove, que finalmente a evolución da pandemia permitiu celebrar hoxe na sede do Parlamento de Galicia, en Santiago de Compostela. O peor para os participantes, falar en público.

"O difícil é expoñela, porque hai cousas que queres dicir pero non sabes como dicilo", comenta Martín Gómez, participante polo IES de Becerreá.

"Eu era súper timida, e dende que me metín en debate ata me gusta falar en público", apunta a estudante Paula Rubio. 

Estes alumnos pertencen ao IES de Becerreá, e como o resto de participantes tratan de defender os seus argumentos diante dos xuíces. Un traballo moi formado e orientado polos seus profesores.

"Apréndese a asimilar o fracaso cando acontece -sinala Xulio Teixeiro, docente no IES de Becerreá. "E tamén a valorar o éxito cando vén prececido por un esforzo e un traballo que o xustifica", engade.

Esta sorte de liga de debates, auspiciaida pola consellería de Política Social,e na que participaron uns 160 estudantes de toda Galicia pretende ensinar aos máis novos a defender e respectar as opinións.

"Parlamento Xove o que busca é que os rapaces teñen un espazo para debatir, discutir as súas ideas sobre un tema concreto e é unha aprendizaxe final continua de compañeirismo", defende Cristina Pichel, directora xeral de Xuventude.

Para o presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Ángel Santalices, "é un día grande para os rapaces e nós isto tamén o debemos cultivar. Trátase de animalo, porque este é o futuro, daquí vai saír o futuro".


Os gañadores, que levarán entre 2.500 e 5.000 euros para unha viaxe entre todos os membros do equipo, foron en Ensino Secundario para o Sagrada Falmilia de Vilagarcía, en Bacharelato o Marco do Camballón de Vila de Cruces e o Campus de Santiago de Compostela entre os universitarios.

Noticias web

15/05/2021