O programa Educar en Xustiza achegará aos menores a actividade xudicial
Publicado o 25/10/2019 14:44
A sede do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia acolleu a sesión de apertura do ano xudicial.
Ao acto asistiron autoridades civís e militares. O presidente do Tribunal Superior desvelou que, no que vai de ano, 550 menores galegos foron procesados por cometeren algún delito. 20 deles a través das redes sociais.
O poder xudicial vai realizar un programa chamado Educar en Xustiza, en colaboración coa Xunta de Galicia.