CRTVG

Buscar

O Sergas detecta 40 positivos entre mil contactos na proba do novo sistema de rastrexo

Publicado o 27/05/2021 14:34

A todos os postivos inclúenos nun programa de rastrexos para detectar se os seus contactos tamén enfermaron, e, nos últimos tempos, o Sergas puxo en marcha unha variante que chaman de "retrorrastrexo", que é máis amplo. De feito, na fase en probas deste método ampliado conseguiron dar con máis positivos.

"Nas familias quen controla, cando alguén está dentro da casa? Van ir porta por porta? Hai miles de portas. Por iso está ben mirar ben os distintos ámbitos".

Disto, máis ou menos, vai o programa de retrorrastrexo. Ante os casos orfos, que son como se chaman os casos de infección de orixe descoñecida, amplía o foco. O foco temporal, porque se mira cara a atrás unha semana desde o positivo. E o foco das relacións, porque abrague máis alá do núcleo de convivencia.

"É verdade que ven que no ámbito domiciliario e no ámbito das reunións entre conviventes parece que hai máis positividade", explica Olaia Pérez Martínez, técnica da Dirección xeral de Saúde Pública.

"Nas case 400 PCR que se fixeron aos contactos casuais atopáronse entre 30-40 positivos, o cal implica unha porcentaxe dun 10 %", engade.

Os resultados validan o novo método que con algunhas correccións seguirá empregándose para cortar polo san as cadeas de transmisión.

Noticias web

27/05/2021