CRTVG

Buscar

O programa da TVG 'O mellor cocido do mundo' gaña o XXV Premio Álvaro Cunqueiro

Publicado o 13/02/2019 14:18
O programa da TVG 'O mellor cocido do mundo' gaña o XXV Premio Álvaro Cunqueiro

Este programa producido pola TVG e realizado por Setemedia Producciones Audiovisuales forma parte dunha serie sobre algúns dos máis salientables pratos e produtos da gastronomía galega. De xeito didáctico, no programa recóllese como se prepara, cando hai que comelo, a festa que se forma arredor dun prato de cocido, os produtos que forman parte do mesmo e fai especial incidencia en Lalín e na súa Feira do Cocido, declarada Festa de Interese Turístico Nacional. 

Noticias web

13/02/2019