O programa 'Contigo no Camiño' asistiu máis de 1.200 peregrinos
Máis de 1.200 peregrinos foron atendidos nos últimos dous meses dentro do programa posto en marcha pola Xunta, Contigo no Camiño. Asistiron os peregrinos en primeiros auxilios e tamén ofrecéndolles información sobre rutas, albergues e horarios
O vicepresidente primeiro da Xunta participou esta mañá nun percorrido desde O Pino para conmemorar esta experiencia piloto que durou dous meses en que patrullas móbiles e socorristas percorreron en bicicleta case 5.000 quilómetros do Camiño Francés, o que concentra máis da metade dos peregrinos. Unhas medidas, asegurou Alfonso Rueda, que contribuíron á reactivación do Camiño con máis de 133.000 compostelas entregadas no que vai de ano.
O vicepresidente presentaba onte á tarde a oferta turística do Xacobeo no Porto, ante autoridades e operadores de turismo do país veciño. Alfonso Rueda defemdeu o Xacobeo como unha oportunidade para promocionar o patrimonio conxunto de Galicia e Portugal. Tamén invitou o sector turístico luso a promocionar as rutas xacobeas e a botar man do Camiño de Santiago como motor de recuperación económica a ambos lados da fronteira. Ademais, deixaron instalada na praza da Sé do Porto a primeira mouteira do Camiño en Portugal.