CRTVG

Buscar

O profesorado ve imprescindible unificar criterios

Publicado o 16/04/2020 09:19

O pacto entre ministerio e comunidades autónomas deixa moitas incógnitas abertas e demasiadas decisións nas mans do profesorado. Precisamente, haberá reunión coa conselleira de Educación porque disque é imprescindible unificar criterios.

Isabel Ruso é a presidenta da Asociación de directivos de centros de ensino público en Galicia: "Esperamos que a consellaría de Educación concrete o marco xeral que se transmitiu aos docentes de toda España desde o ministerio de Educación. Foi un marco tan xenérico que necesitamos concretar. Hai unha gran cantidade de niveis educativos".

"Temos que agardar as instrucións da consellaría. En función diso poderiamos actuar. Ten que haber un equilibrio en todos os centros educativos. Non pode ir cada un por libre. E máis sabendo que hai niveis como segundo de bacharelato que están agardando unhas probas".

Noticias web

16/04/2020