CRTVG

Buscar

O príncipe herdeiro do Xapón, Naruhito, cumpre 59 anos "preparado para ser emperador"

Publicado o 23/02/2019 12:35

Naruhito di estar preparado para suceder ao seu pai, Akihito, de 85 anos, e ser proclamado emperador o próximo un de maio. O príncipe herdeiro declarou, nunha rolda de prensa celebrada con motivo do seu 50 aniversario, que sinte "profunda gratitude e respeto" polo seu proxenitor, quen anunciou o seu desexo de abdicar en agosto do 2016. Naruhito converterase en novo emperador o primeiro día de maio a porta pechada e o 22 de outubro no pazo imperial con presencia de miles de invitados de todo o mundo. Sobre a saúde delicada da princesa Masako, o seu marido dixo que a vai recuperando nos últimos meses, para asumir con garantías as súas novas responsabilidades de emperatriz.

Noticias web

23/02/2019