CRTVG

Buscar

A Policía interroga na Coruña o principal sospeitoso do asasinato de Mónica Marcos

Publicado o 18/09/2021 13:08

• O suposto autor foi detido en Madrid onde viaxara en avión

Familiares e amigos despiden a Mónica Marcos en Cambre

A parella de Mónica e principal sospeitoso do asasinato chegou a pasada noite á Coruña. A policía arrestouno en Madrid despois dun intento de fuga que durou poucas horas. 

O home permanece no cuartel de Lonzas onde está a prestar declaración ante a policía. A previsión é que este sábado non pase aínda a disposición xudicial. 

A investigación avanza a bo ritmo. Nas últimas horas transcendeu que Mónica Marcos non morreu na madrugada do xoves, senón ao longo da xornada do mércores. A súa parella aproveitou esas horas para ir a Madrid en avión, pero a policía, que xa lle seguía a pista, arrestouno no hostal onde ía pasar a noite.

Cando se rexistrou co seu DNI, a detención foi practicamente inmediata. O hostal ten case todos os cuartos compartidos. Así que o arresto tivo múltiples testemuñas. O home, din, non opuxo resistencia. Finalmente pasou a noite nestas dependencias da Policía Nacional.


 

Noticias web

18/09/2021