O primoxénito da viúva do ex-presidente da CAM non dubida da culpabilidade do seu cuñado
Con semblante serio acudían declarar aos xulgados de Alacante as tres fillas menores da vítima. Están convencidas da inocencia de Miguel López, marido da menor delas, e único acusado do crime. Pola contra a irmá da vítima, di que o acusado nunca estaba na sede de Novocar. Por iso lles estrañou atopalo alí a tarde do crime, cando foi coa súa irmá recoller o coche. E defíneo como manipulador e cun pronto malo.
Tamén está convencido da culpabilidade do seu cuñado o primoxénito da vítima, que exerce a acusación particular. Na súa declaración evidencia as malas relacións familiares. E asegura que o acusado influía nas decicisións empresariais das súas irmás.
Vicente Sala: "O acusado tomaba total protagonismo en todas as decisións das miñas irmás".
Tamén apunta a razóns económicas como móbil do crime, xa que súa nai, di, pensaba pechar o concesionario que administraba o seu xenro, único sospeitoso do asasinato: "Planificaba limitar os avais e, se non funcionaba, pechar".
María del Carmen Martínez morreu en decembro de 2016 aos 72 anos, tras recibir dous disparos no lavadoiro do concesionario Novocar de Alacante, propiedade da familia e que admnistraba Miguel López, marido da súa filla menor. Agora un xurado popular deberá decidir sobre a inocencia ou culpabilidade do xenro da vítima, o único procesado na causa.