CRTVG

Buscar

O primeiro ministro sueco Stefan Löfven presentará a súa dimisión para tratar de formar un novo goberno

Publicado o 28/06/2021 10:32
O primeiro ministro sueco Stefan Löfven presentará a súa dimisión para tratar de formar un novo goberno

O primeiro ministro socialdemócrata sueco Stefan Löfven anunciou que presentará a súa dimisión para tratar de formar un novo goberno, despois de que o seu executivo en minoría fose derrocado hai unha semana nunha moción de censura histórica.

"Un ano antes das eleccións e no medio dunha pandemia, uns comicios extraordinarios non son o mellor para Suecia. Pedín a dimisión como primeiro ministro", anunciou en conferencia de prensa Löfven, que tiña ata hoxe para tomar unha medida: dimitir ou convocar eleccións.

Noticias web

28/06/2021