CRTVG

Buscar

Arranca a campaña do polbo, con mal tempo pero capturas abondas

Publicado o 05/07/2021 21:30

Comeza a campaña do polbo en Galicia tras case dous meses de veda. Unha campaña moi agardada, que se fixo notar nas lonxas.

Este comezo estivo marcado polo mal tempo, impropio desta época do ano. En Ribeira poxáronse pola tarde case 3,5 toneladas de polbo. Semella que despois de mes e medio de veda, sen nasas no mar, o polbo xa tiña ganas de carnada.

Aínda así, o primeiro día non marca o resto da campaña. O tempo forte da pesca será a partir do outono. Actualmente hai 1.200 barcos de baixura en Galicia con permiso para pescar polbo con nasas e moitos deles teñen unha dependencia total desta pesqueira.

Van un par de anos moi malos para os naseiros, pero a finais da campaña anterior, en maio, o mar comezaba a dar síntomas de certa recuperación. A pesar diso, boa parte da frota prefería unha veda máis curta.

Na lonxa de Ribeira, os exemplares máis valorados, que son os que pesan entre dous quilos e medio e tres, pagáronse a 10,40 € o quilo.

Noticias web

05/07/2021