CRTVG

Buscar

O primeiro caso da residencia do Inicio, unha traballadora contaxiada en Monforte

Publicado o 20/08/2020 14:39

A alerta no centro saltaba tras dar positivo unha das traballadoras. Activábase o protocolo de prevención, suspendendo as visitas e saídas da residencia, e realizábanselle probas a todo o persoal e internos. O resultado son 65 usuarios contaxiados e catro traballadores.

"Esta mañá desprazouse un equipo para valorar a situación sobre o terreo. De momento excepto tres residentes o resto son asintomáticos. Xa estamos avaliando a situación e tomando todas as medidas necesarias para conrolar o gromo dentro da residencia", explica o xerente da area sanitaria, Ramón Ares.

Confirmase que o primeiro caso rexistrado na residencia, o da traballadora, procede do gromo de Monforte, que non para de medrar, hoxe suma dez positivos máis e xa van 38.

Realizaronse 200 probas PCR, as primeiras aos residentes do edificio en que se detectou o primeiro caso e que segue confinado.

Os contaxios dispararon nas últimas horas o peche dos establecementos hostaleiros. Algúns dos infectados traballan no sector ou teñen vínculos cos seus empregados. Son peches voluntarios e por responsabilidade.

"Notamos baixada de clientela, a xente ten medo pregunta se temos contaxios, nós estamos facendo probas para que os clientes se sintan máis seguros pero a situación é complicada", comentan os hostaleiros locais. "Baixou moito a clientela e cos casos que están saindo agora peor".

Nas últimas horas detectábase un novo gromo na provincia. Afecta dous grupos familiares da vila de Sarria. Son un total de nove infectados, a maioría asintomáticos ou con síntomas leves.

O último positivo rexistrado obrigaba a pór en corentena un equipo médico e varios axentes da policía.

Noticias web

20/08/2020