O primeiro albergue público de peregrinos de Vigo, listo para abrir
Publicado o 05/02/2021 14:04
O primeiro albergue de peregrinos público de Vigo xa está listo para abrir cando se levanten as restricións. Ten noventa prazas en seis andares construídos en dúas casas rehabilitadas que unen dúas rúas do Berbés.
O presidente da Xunta dixo que seguirán apostando pola recuperación de edificios e traballando no Xacobeo.