CRTVG

Buscar

O prezo dos contedores multiplícase por catro no porto de Vigo

Publicado o 21/10/2021 16:13

No Porto de Vigo o prezo dos contenedores xa se multiplica por catro. E isto está a frear o crecemento que podería ter o porto. Unha situación que se dá dentro dun contexto tamén de escaseza de materias primas que está a ter uns brutais efectos sobre os portes na industria.

Ademais estase a producir un incremento dos fretes, que repercute sobre o produto e inevitablemente eleva os prezos finais. Os máis afectados son os empresarios do sector do metal, que aseguran atoparse nun dos momentos máis duros das últimas décadas. Tamén esta situación freou o crecemento que estaba experimentando o porto de Vigo.

Noticias web

21/10/2021