CRTVG

Buscar

O prezo dos carburantes incrementa o IPC ata o 2,7 % en maio

Publicado o 11/06/2021 09:19
O prezo dos carburantes incrementa o IPC ata o 2,7 % en maio

O Índice de Prezos de Consumo subiu un 0,5 % en maio en relación ao mes anterior e sitúa a súa taxa interanual no 2,7 %. Asi o reflicten os datos publicados este venres polo Instutito Nacional de Estatística.

A este incremento dos prezos contibuíu o encarecemento dos carburantes, automóbiles e gasóleo para calefacción. A esta suba da alza da inflación sumouse tamén o ocio e a cultura, cuxos prezos subiron un 0,2 %.

Con esta suba, en que o IPC encadea a súa quinta taxa positiva consecutiva, a inflación chega a niveis descoñecidos dende hai catro anos.

Noticias web

11/06/2021