O prezo dos alugueiros e o efecto Vialia baleira os locais comerciais da rúa Príncipe de Vigo
En Vigo, a principal rúa comercial da cidade acumula cada vez máis locais baleiros. A apertura do macrocentro comercial Vialia ten moito que ver, pero a causa principal é o custo dos alugueiros dos establecementos da rúa Príncipe.
No último ano moitas tendas da coñecida milla de ouro viguesa baixaron a persiana. Segundo os comerciantes, o alto custo dos alugueiros é a causa principal.
Nos mellores momentos o corazón comercial da cidade chegou a ter case duascentas tendas abertas, que na actualidade rondan o centenar.
A apertura do centro Vialia tamén ten o seu impacto nesta área comercial. Algunhas tendas xa se mudaron e outras que ocupan edificios enteiros da rúa xa anunciaron o traslado.
As principais galerías da rúa, tamén cada vez con menos negocios, cambian a súa imaxe comercial coa próxima instalación da sede dunha compañía eléctrica.