O prezo da vivenda subiu en Galicia un 3,3% no primeiro trimeste do ano

O prezo da vivenda aumentou de media en Galicia un 3,3 % no primeiro trimestre do ano comparado co mesmo período do ano anterior, segundo datos do Instituto Nacional de Estatística (INE).
No conxunto do Estado, o incremento foi do 3,2 % nos tres primeiros meses, o que supón o ascenso máis moderado desde 2015.
Aínda que o estado de alarma contra o coronavirus decretado o pasado 14 de marzo fixo que o número de compravendas de vivenda efectuadas ese mes fose "sensiblemente menor" que en marzo de 2019, o INE asegura que ese descenso non impide que o cálculo do índice de prezos de vivenda teña unha "calidade similar" á habitual.
Por comunidades autónomas, as maiores subidas ata marzo rexistráronse no País Vasco (2,7 %), Madrid (2,5 %) e Navarra (1,8 %), e as baixadas máis significativas déronse en Estremadura (0,8 %), Castela e León (0,8 %) e Castela-A Mancha (0,5 %).