CRTVG

Buscar

O prezo da sardiña é o máis baixo do último lustro

Publicado o 17/06/2021 14:24

Polo San Xoán, a sardiña pinga o pan, e uns días antes tamén. O prezo no mercado depende, en boa medida, do volume das capturas. Na lonxa de Cambados, das que máis sardiña moven no país, a cotización é a menor dos últimos cinco anos.

A previsión do pósito cambadés é que a concentración da demanda nos vindeiros días aumentará a valoración deste peixe. Nos últimos quince días, poxáronse en Cambados 14 toneladas de sardiñas por valor de algo máis de 22.000 euros.

Noticias web

17/06/2021