CRTVG

Buscar

O prezo da luz volve superar este martes a barreira dos 100 euros

Publicado o 23/08/2021 15:54
O prezo da luz volve superar este martes a barreira dos 100 euros
EFE

O prezo medio da electricidade no mercado almacenista (pool) situarase mañá, martes, novamente por encima dos 100 euros, concretamente en 102,06 euros megawatt hora (MWh), tras aumentar un 2,3 % fronte aos 99,76 euros que marca este luns. Este incremento no prezo da luz creba unha secuencia de tres días de baixadas, que foron do 0,75 % (luns), case un 6 % (domingo) e un 9 % (sábado).

Segundo os datos do operador do mercado ibérico OMIE, o prezo do pool, referencia en España para calcular a tarifa regulada que se paga nuns 10 millóns de fogares, oscilará entre o máximo de 120,35 euros ( MWh) e o mínimo de 84,34 euros. A franxa horaria máis barata producirase entre as 4.00 e as 5.00 horas da madrugada, mentres que a máis cara será a de entre as 21.00 e as 22.00 horas.

Bruxelas defende o actual sistema eléctrico e avisa os Gobernos de que non poden intervir no prezo da luz. A Comisión Europea di que as subas no recibo serán inevitables polas estratexias de loita contra as enerxías máis contaminantes. Responden así despois de que a ministra Teresa Ribera solicitara cambios no mercado eléctrico, nun contexto de subas constantes no prezo da luz.

 

Noticias web

23/08/2021