CRTVG

Buscar

O prezo da luz sobe o venres un 3,3 % e marca o seu segundo máximo histórico

Publicado o 19/08/2021 13:55
O prezo da luz sobe o venres un 3,3 % e marca o seu segundo máximo histórico

O prezo medio da electricidade no mercado almacenista (pool) para este venres situouse en 117,14 euros megawatt hora (MWh), un 3,3 % máis que hoxe, co que suma a súa cuarta suba consecutiva e marca o seu segundo récord histórico.

Segundo os datos do operador do mercado ibérico OMIE consultados por Efe, en comparación interanual, o prezo do pool, referencia en España para calcular a tarifa regulada que se paga nuns 10 millóns de fogares, será máis do triplo dos 33,58 euros/MWh que custaba no terceiro venres de 2020.

O prezo da enerxía eléctrica volve así aos niveis da pasada semana, cando se asinaron cinco récords seguidos, o último o venres (117,29 euros/MWh). Por franxas horarias, este prezo, en que se cruza a oferta dos produtores coa demanda prevista por Rede Eléctrica, oscilará entre os 126,14 euros/MWh que custará entre as 21:00 e as 22:00 horas, e os 104,07 euros/MWh, entre as 17:00 e as 18:00 horas.

Noticias web

19/08/2021