CRTVG

Buscar

O prezo da luz segue á alza, pero o Goberno cre que se trata dunha suba "puntual"

Publicado o 11/01/2021 14:51

En plena vaga de frío, hoxe mesmo, volve subir o prezo da luz. O custo da electricidade no mercado grosista, onde se negocia cun día de antelación, segue á alza. A luz vai ter un prezo máximo entre as nove e as dez desta noite de 121 euros por megawatt hora e mañá martes vai seguir subindo. Esta suba afecta aos fogares acollidos á tarifa regulada, como os beneficiarios do bono social.

Para o Goberno, trátase dun encarecemento puntual. Para Nadia Calviño, vicepresidenta de Asuntos Económicos, os cidadáns non poden pensar que "a reforma do sector eléctrico que estamos abordando con determinación supoña que non poden darse subas puntuais do prezo da luz cando se dá unha tormenta perfecta como a que estamos vivindo nestes días. É evidente que a enerxía solar non está podendo subministrar ao sistema e que a borrasca está supoñendo unha demanda extraordinaria".

 

Noticias web

11/01/2021