CRTVG

Buscar

O prezo da luz marca un novo máximo anual

Publicado o 19/09/2018 20:58

O prezo da electricidade acada un novo máximo anual. Nesta xornada pagaremos unha media 76 euros o megawatt-hora con picos de ata 80 euros. Detrás desta suba está a caída de producción da enerxía eólica. Tamén o elevado prezo do petróleo que encarece o custo dos dereitos de emisión de CO2, e que tamén se reflicte na factura que pagamos todos. O prezo da luz está afectando á economía das familias, dos negocios e das explotacións gandeiras. Tamén a industria alerta do impacto que vai ter na súa competitividade. 

Noticias web

19/09/2018